A empresa responsábel e a prevención de riscos laborais

A empresa responsábel e a prevención de riscos laborais

divendres, 26 novembre 2004

Versión en Castellano

En Xulio de 2001, a Comisión Europea presentou o Libro Verde Fomentar un marco europeo para lograr a responsabilidade social das empresas. Aquí definíase o concepto de responsabilidade social como “a integración voluntaria, por parte das empresas, das preocupacións sociais e medioambientais, nas súas operacións comerciais e nas relacións cos seus interlocutores”, pois as empresas son cada vez máis conscientes de que un comportamento responsable se traduce en éxitos comerciais duradeiros.

A responsabilidade social, segundo a definición da Comisión Europea, consiste tamén en xestionar os cambios dentro da empresa dun xeito socialmente responsable, o que acontece cando unha empresa procura conciliar os intereses e as necesidades das diferentes partes de maneira aceptable para todas elas.

O colectivo empresarial comeza a darse conta de que o éxito empresarial e a responsabilidade social non son tan só compatibles, senón que tamén se reforzan mutuamente, mediante a apertura de novas oportunidades comerciais, unha mayor satisfacción e lealtade dos clientes, un persoal máis motivado, melloras na súa comunidade local e máis prestixio.

Así mesmo, o empresariado responsable pode tamén contribuír a crear unha imaxe máis positiva dos empresarios na sociedade, fomentando, desde xeito, que un maior número de xóvenes opten polo autoemprego como unha alternativa profesional atractiva; que é o que tratamos de transmitir dende a Consellería que dirixo.

Dentro da empresa, a responsabilidade social afecta a cuestións como a calidade do emprego, a aprendizaxe permanente e a formación, a participación dos traballadores, a igualdade de oportunidades, a integración das persoas con discapacidade, a prevención dos riscos laborais e a anticipación dos cambios e das reconversión industriais.

Dende a Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relación Laborais traballamos para reforzar todos estes eidos, promovendo un emprego estable e de calidade, o acceso á formación continua, os incentivos á contratación de persoas con discapacidade, o diálogo social e o fomento da cultura preventiva en materia de riscos laborais.

Permítanme centrarme neste último campo, de especial importancia para combater a siniestralidade laboral, un fenónemo que debe ser erradicado da nosa práctica empresarial, en favor dunha cultura socialmente responsable neste eido.

Non pode existir unha empresa responsable socialmente sen ter resolta, de xeito eficaz e eficiente, a súa xestión da prevención dos riscos laborais.

A prevención supón un custo para a empresa nun primeiro momento, pero consitúe un aforro a medio prazo, ademais de xerar importantes beneficios para os recursos humanos.

Hoxe en día, está sobradamente demostrada a compatibilidade e, mesmo, a complementariedade, entre prevención e competitividade empresarial. Os riscos laborais non afectan unicamente á saúde, a integridade física e á vida das persoas, senón que provocan considerables custos económicos para as empresas e as Administracións.

Debemos asumir a prevención como un elemento consubstancial á xestión empresarial, e como a única vía para reducir os accidentes laborais e as enfermidades profesionais.

A prevención debe ser entendida como un novo valor social, que forme parte das nosas crenzas, actitudes e comportamentos e contribúa a posibilitar avances no ámbito sociolaboral.

A prevención non é simplemente unha necesidade legal, senón fundamentalmente, unha necesidade social.

Debemos analizar na forma aberta y real a ética e a responsabilidade social das empresas no marco da prevención de riscos laborais.

Quero transmitirlles, igualmente, a total disposición da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais para acadar entre todos unha sociedade máis xusta e concienciada.

Belén Prado Sanjurjo

Conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais

Xunta de Galicia

Inauguración pola Excma. Sra. Conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais daXornada: A Responsabilidade Social da Empresa. Integración Transversal Nos Modelos de Xestión

¿Qué opinas de este artículo?